Auxilio xudicial: Contra o servizo de quendas de atribución

21 de maio de 2014

Pablo Valeiras Rios con D.N.I ..., funcionario titular do corpo de Auxilio Xudicial con destino no Xulgado de Instrución nº 8 de Vigo, 

EXPON:

As quendas de atribucións creáronse como parche, ante a negativa da Dirección Xeral de crear prazas de Auxilio Xudicial no Servizo de Apoio, para solucionar os problemas xerados polas políticas contrarias ó Servizo Público, levadas a cabo polos gobernos do Sr. Fraga, e polas “denigrantes” ideas de crear os SCNE a “custe cero”, eliminando un dos Auxilios Xudiciais dos Xulgados de Primeira Instancia.

Todos sabíamos que as Quendas, como se demostra día a día, non poderían solucionar as carencias na Administración pero, cando menos, pensabamos que poderían solucionar os problemas urxentes xerados nos Xulgados cando faltan –por permisos ou ausencias de corta duración.- os auxilios xudiciais, é dicir, para a sala e correo urxente.

O sistema de Quendas cando se utiliza para cubrir baixas e vacacións perverte a súa finalidade –sacar o urxente- convertendo todo en urxente e atascando todo o traballo dun xulgado nunha mesa, na que queda parado o traballo do resto dos compañeiros.

No día de hoxe fun nomeado como integrante, por primeira vez na miña vida, das quendas na cidade de Vigo. Neste día foi máis que suficiente para darme conta que o sistema das Quendas non cumpre en absoluto co seu limitado cometido, senón máis ben cumpre cos estes outros fins.


  • Utilizar as Quendas para retrasar o máximo posible, co prexuízo que isto supón para ó Servizo Público, o nomeamento de funcionarios interinos para cubrir baixas de longa duración. (fun nomeado para un xulgado onde o funcionario está de baixa de longa duración dende fai máis dun mes)
  • Se me nomeou para a Quenda sen ter en conta que no meu Xulgado tamén tiñamos Xuizos e polo tanto a atención ó cidadán no Xulgado de Instrución nº 8 quedaba absoluta mermada e o prexuízo para os compañeiros era moi importante.
  • Tampouco se tivo en conta que na segunda quincena da Quenda o meu Xulgado esta de garda e eu tamén.

E non quero deixar pasar esta ocasión para reiterar, de novo, que só a creación de prazas de auxilio nos Servizos de Apoio sería unha solución eficaz ós problemas xerados por calquera ausencia do seo posto de traballo dos funcionarios de auxilio xudicial, como moi ben sabe calquera que traballe ou traballara nun Xulgado.

Por todo o antes exposto SOLICITO QUE DE MANEIRA INMEDIATA se me de BAIXA no servizo de Quendas de atribución pois négome a ser coparticipe da mala praxes da Administracións para terxiversar un sistema en prexuízo: do Servizo Público, da creación de emprego (interinos) e das substitucións verticais.

En Vigo a 19 de maio de 2014

Asdo. Pablo Valeiras Rios