Oposicións: Xestión procesual, promoción interna

27 de maio de 2014

Alternativas na xustiza galega



O Ministerio de Xustiza publicou as relacións de opositores, de cada ámbito territorial, por orde alfabética e por orde de puntuación, que superaron a fase de oposición. Podes consultar o Acordo do Tribunal do Proceso Selectivo na páxina do Ministerio de Xustiza:


  • Oposicións e procesos selectivos (Acceso Libre e Promoción Interna) -> Xestión procesual e administrativa -> Promoción interna 



Os aspirantes que superasen a fase de oposición dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados dende o 28 de maio de 2014 ata o 16 de xuño de 2014, ambos os dous inclusive, para presentar no Rexistro do órgano competente ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de R.X.A.P. e do Procedemento Administrativo Común, toda a documentación acreditativa, en orixinal ou fotocopia compulsada, dos méritos a valorar na fase de concurso.

A non presentación da documentación no prazo sinalado suporá que non se valore ao aspirante na fase de concurso.

A certificación acreditativa dos servizos prestados na Administración de Xustiza, achegarase de oficio polo Ministerio de Xustiza ou Comunidades Autónomas competentes.

Non obstante, o aspirante deberá declarar na súa solicitude o último ámbito territorial no que prestou servizos.

Os méritos avaliables son os que se establecen no Baremo que se contén no anexo I.B.2 desta convocatoria e computaranse os causados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.




Tamén se achegará de oficio, se é o caso, a certificación de ter aprobado exercicios da oposición de acceso ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, por calquera das dúas quendas, nas últimas dúas convocatorias.

As solicitudes de valoración de méritos dirixiranse aos órganos competentes do ámbito territorial polo que se concorre á oposición, sede do Tribunal Calificador correspondente, cuxas direccións constan no: Acordo de 26 de maio de 2014 do Tribunal Calificador Único