Nos casos en que o devandito dato estivese equivado e non se rectifique de oficio pola Dirección Xeral, deberedes formular a correspondente reclamación, tal como establece o artigo 13 da Resolución de 12 de febreiro de 2014, pola que se ditan as instrucións relativas ao horario:
"mensualmente a aplicación informática ofrecerá o balance resultante das marcaxes e , se é o caso, das incidencias rexistradas. No caso de existir desconformidade co resultado, poderase reclamar ante o servizo de xustiza da xefatura ou delegación territorial correspondente durante un prazo máximo de 5 días hábiles"
Exemplo:
Un traballador que no mes de setembro traballase do día 1 ao día 11 tería que facer 58 horas e 30 minutos, non obstante nbo histórico de setembro, en horas a realizar, aparece que tiña que realizar 59 horas, É dicir, estanlle pedindo que faga 30 minutos máis do que correspondería.
Neste exemplo figurarían no partado de "Horas mensuais a realizar", 59 horas, cando en realidade deberían de ser 58 horas e 30 minutos (9 días con horario de verán), o que provoca un saldo negativo de 30 minutos ou que, se fixo horas a maiores, na bolsa de horas non se acumula a media hora feita de máis polo traballador.
Dende Alternativas-Xustiza, e co fin de facilitar aos traballadores a información necesaria para que poidan consultar e controlar o correcto funcionamento do balance horario elaboramos unha guía que podedes consultar aquí.
Etiquetas: Horario