Sobre a devolución de parte da paga extra

14 de novembro de 2014

Alternativas na Xustiza galega

O goberno de Alberto Nuñez Feijoo trata aos funcionarios galegos coma parvos.


Mentres en moitos territorios do Estado os funcionarios de Xustiza xa cobraron ou van cobrar os 44 días vencidos da paga extra en Galicia no mellor dos casos cobraremos só 22 días no ano 2015.


Paga extra

Paga extra


Comezaron culpándonos da crise, logo quitáronnos os días de vacacións e asuntos particulares, quitáronnos o 5% do soldo, unha paga extra, convertéronnos nuns delincuentes sanitarios (descontos por estar enfermos). Non pagan o 100% das substitucións, amortizan 106 prazas.

SEGUEMOS SEN TER MOTIVOS PARA A MOBILIZACIÓN?