Recuperación de parte da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012

13 de maio de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 89, do 13 de maio de 2015, publícase un Anuncio da Consellería de Facenda do 11 de maio de 2015 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición transitoria décimo segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en relación coa recuperación dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 201.


Ligazón


Texto

A disposición transitoria segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, dispón que as contías previstas na disposición adicional décimo sétima da Lei 11/2014, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, se ampliarán ata o vinte e catro con cero catro por cento dos importes efectivamente deixados de percibir e que as ditas cantidades serán equivalentes á parte proporcional correspondente aos primeiros corenta e catro días das mencionadas pagas do mes de decembro de 2012.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de maio de 2015 e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de maio de 2015 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.