Nova Oficina Xudicial - Expediente electrónico
Sen prexuízo de negociar a posible implantación da Nova Oficina Xudicial, consideramos imprescindible que, con carácter previo, se dispoña dos medios necesarios, materiais, informáticos e persoais, para a implantación e funcionamento correcto do expediente xudicial electrónico
Creación de novas unidades xudiciais
Ante o colapso dos xulgados nalgunhas cidades e xurisdicións, especialmente na penal e social, resulta imprescindible a creación de novos xulgados. De forma inmediata deberían poñerse en funcionamento novos xulgados en Vilagarcía, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo, entre outros, e que a crise-estafa parou.
Proporemos tamén a creación de oficinas xudiciais nos centros penitenciarios, como se ten feito noutras Comunidades (Aragón, Extremadura, ...) con resultados moi satisfactorios.
Máis informción...