Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

13 de agosto de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto de 2015, publícase a Orde do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.


Ligazón


Cursos de linguaxe administrativa

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2015/16, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2015 e maio de 2016, en horario de mañá ou de tarde.

[...] Artigo 4. Beneficiarios/as dos cursos

a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non se entenderán por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; e aquela que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal, quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

[...] Artigo 5. Solicitudes e prazos

Para os cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e para os cursos preparatorios de lingua galega (Celga), as solicitudes presentaranse na Secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. Os centros tamén lles poderán facilitar ás persoas interesadas os modelos que se xuntan como anexos I (cód. ED104G) e III (cód. ED104H) desta orde.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre.


Texto completo da Orde, modelos de solicitude e relación de cursos