Recuperación de parte da paga extra do 2012. Procedemento

18 de outubro de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 198, do 16 de outubro de 2015, publicouse o Auncio do 7 de outubro de 2015 polo que se dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto no artigo único da Lei 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.


Ligazón


Texto

O artigo único da Lei 11/2015, do 1 de outubro, dispón que o persoal do sector público autonómico definido no artigo 13.Seis da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, afectado pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, percibirá no que resta de exercicio de 2015 unha retribución de carácter extraordinario, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012, do 26,23 por cento dos importes efectivamente deixados de percibir por aplicación do mencionado Real decreto lei 20/2012.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de outubro de 2015, e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de outubro de 2015 serán aboados polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.


Ver módelo

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015