Curso monográfico sobre a posta en marcha da transparencia activa e pasiva

19 de novembro de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 221, do 19 de novembro de 2015, publicouse a Resolución do 5 de novembro de 2015 da Escola Galega de Administración Pública pola que se convoca un curso monográfico sobre a posta en marcha da transparencia activa e pasiva.


Ligazón


Obxectivos

O día 10 de decembro de 2015 entra en vigor no ámbito de aplicación das comunidades autónomas e das entidades locais a Lei 19/2013, do 9 de decembro, sobre transparencia, acceso á información pública e bo goberno. A lei supón un importante xiro no actuar das administracións públicas. O curso pretende ofrecer unha explicación teórico-práctica da aplicación da normativa sobre transparencia polas administracións públicas. Perséguese que as persoas asistentes coñezan polo miúdo as disposicións sobre transparencia activa e pasiva para que poidan aplicalas nas administracións públicas das cales son empregados públicos. Para iso é preciso coñecer os dereitos dos cidadáns, as obrigas das administracións públicas e, así mesmo, os procedementos de actuación. De aí que se van expoñer os problemas prácticos que a Lei 19/2013 suscita, dando solucións tanto desde a vertente procedemental, coma de recursos humanos e de utilización da Administración electrónica.