Lugo. Calendario laboral 2016. Festividades locais

1 de decembro de 2015

Resolución sobre o calendario laboral do Ano 2016 para a Provincia de Lugo


Deputación provincial de Lugo

O DECRETO 103/2015, do 15 de xullo, “polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016” recolle no artigo 2 o seguinte:

"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que serán determinadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma.

Ditas festas locais se publicarán, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia”.

Á vista do que antecede, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar elabora, para a provincia de Lugo, o seguinte Calendario laboral 2016

Decláranse inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello segundo a proposta dos mesmos, as datas recollidas na seguinte táboa:

Abadín

09/02/2016 Martes de Entroido
12/09/2016 Santa María - Festas Locais

Alfoz
09/02/2016 Martes de Entroido
01/08/2016 Despois da festa de San Cristovo

Antas de Ulla
09/02/2016 Martes de Entroido
08/09/2016 Festa Local

Baleira
09/02/2016 Martes de Entroido
12/08/2016 San Cristóbal

Baralla
09/02/2016 Martes de Entroido
29/08/2016 Festa local

Barreiros
09/02/2016 Martes de Entroido
24/08/2016 San Bartolo

Becerreá

02/02/2016 Festividade das Candelas
14/09/2016 Santo Ecce Homo

Begonte
09/02/2016 Martes de Entroido
16/05/2016 Festa local

Bóveda
01/09/2016 Festividade de San Xil
15/09/2016 Divino Ecce-Homo

Burela
09/02/2016 Martes de Entroido
06/06/2016 Luns das festas patronais

Carballedo
09/02/2016 Martes de Entroido
13/06/2016 Luns de San Antonio

Castro de Rei
09/02/2016 Martes de Entroido
08/08/2016 Festa en honor a "San Roque" e "Doce Nome de María" en Castro de Riberas de Lea

Castroverde
09/02/2016 Martes de Entroido
26/07/2016 Santiago Apóstolo

Cervantes
09/02/2016 Martes de Entroido
20/05/2016 Virxe dos Remedios

Cervo
09/02/2016 Martes de Entroido
16/07/2016 San Roque

Chantada
30/08/2016 Festa da empanada
18/10/2016 San Lucas

Corgo (o)
09/02/2016 Martes de Entroido
05/10/2016 San Froilán

Cospeito
09/02/2016 Martes de Entroido
09/09/2016 Nosa Señora "Virxe do Monte"

Folgoso do Caurel
19/08/2016 Festas Patronais
05/12/2016 Ponte da Constitución

A Fonsagrada
09/02/2016 Martes de Entroido
12/09/2016 festas Patronais

Foz
16/07/2016 Festividade do Carme
10/08/2016 Festividade de San Lourenzo

Friol
09/02/2016 Martes de Entroido
11/07/2016 Luns de Santa Isabel

Guitiriz
09/02/2016 Martes de Antroido
16/05/2016 Ponte das Letras Galegas

Guntín de Pallares
09/02/2016 Martes de Antroido
04/07/2016 Luns das festas patronais

Incio (o)
09/05/2016 Santa Cruz
16/05/2016 Santo Eufrasio

Láncara
09/02/2016 Martes de Entroido
22/08/2016 Luns de San Roque

Lourenzá
09/02/2016 Martes de Antroido
29/08/2016 Luns do Conde Santo

Lugo
09/02/2016 Martes de Antroido
05/10/2016 San Froilán

Meira

09/02/2016 Martes de Antroido
16/08/2016 San Roque

Mondoñedo
12/09/2016 Os Remedios
18/10/2016 As San Lucas

Monforte de Lemos
29/03/2016 Martes de Pascua
13/06/2016 San Antón

Monterroso
09/02/2016 Martes de Entroido
29/09/2016 San Miguel

Muras
09/02/2016 Martes de Entroido
27/06/2016 San Pedro

Navia de Suarna
09/02/2016 Martes de Entroido
19/09/2016 Festividade da Virxe das Dores

Negueira de Muñiz
09/02/2016 Martes de Entroido
16/08/2016 festas Patronais

As Nogais
09/02/2016 Martes de Entroido
05/08/2016 Festa do Emigrante

Ourol

13/05/2016 Nosa Señora de Fátima
16/08/2016 San Roque

Outeiro de Rei
09/02/2016 Martes de Entroido
04/07/2016 Luns de Santa Isabel

Palas de Rei
28/01/2016 San Tirso
14/09/2016 Ecce Homo

Pantón
09/02/2016 Martes de Antroido
22/08/2016 Festas Patronais

Paradela
09/02/2016 Martes de Antroido
29/09/2016 San Miguel

Páramo (o)

09/02/2016 Martes de Antroido
10/06/2016 Feira da Primaveira

Pastoriza (a)
09/02/2016 Martes de Antroido
18/10/2016 San Lucas

Pedrafita do Cebreiro
09/02/2016 Martes de Antroido
09/09/2016 Santa María a Real do Cebreiro

Pobra de Brollón
09/02/2016 Martes de Antroido
30/05/2016 Luns seguinte ao Corpus Cristi


Pol
09/02/2016 Martes de Antroido
24/08/2016 Festa do Emigrante

Pontenova (a)
09/02/2016 Martes de Antroido
03/10/2016 Luns das feiras da Pontenova

Portomarín
09/02/2016 Martes de Antroido
05/09/2015 Luns das festas do Santísimo Cristo das Victorias

Quiroga
28/03/2016 Luns de Pascua
11/11/2016 San Martiño

Rábade
09/02/2016 Martes de Antroido
13/08/2016 Nosa Señor a da Asunción

Ribadeo
16/08/2016 San Roque, co-patrón de Ribadeo
08/09/2016 Santa María do Campo, patrona de Ribadeo

Ribas de Sil
16/08/2016 San Roque
30/10/2016 San Clodio

Ribeira de Piquín
09/02/2016 Martes de Antroido
22/04/2016 Anticipo festa de  San Xurxo

Riotorto
09/02/2016 Martes de Antroido
29/06/2016 San Pedro

Samos
09/02/2016 Martes de Antroido
11/07/2016 Luns de S. Benito

Sarria
09/02/2016 Martes de Antroido
08/09/2016 Virxe dos Remedios

Saviñao (o)
09/02/2016 Martes de Antroido
09/08/2016 Festas locais de Escairón

Sober
08/09/2016 Romería da Virxe de Cadeiras
19/09/2016 Festa da Virxe do Carme de Sober

Taboada
09/02/2016 Martes de Antroido
08/09/2016 As Fachas

Trabada
25/04/2016 San Marcos
16/08/2016 San Roque

Triacastela
09/02/2016 Martes de Antroido
17/08/2016 San Mamede

Valadouro
09/02/2016 Martes de Antroido
09/09/2016 Santa María

Vicedo (o)
09/02/2016 Martes de Antroido
08/08/2016 Santo Estevo

Vilalba
31/08/2016 San Ramón
01/09/2016 Santa María

Viveiro
09/02/2016 Martes de Antroido
16/08/2016 San Roque

Xermade
09/02/2016 Martes de Antroido
08/08/2016 Luns de Santa María

Xove
09/02/2016 Martes de Antroido
22/08/2016 Festa Patronal

Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2016, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

O que se fai público no Boletin Oficial da Provincia para o seu debido cumprimento
Lugo, 2 de outubro de 2015.- O Xefe Territorial,

Alberto Linares Fernández


Ligazón