Cando fomos quen de conseguir unha mellora nas reclamacións debido á sentencia do tribunal superior de xustiza relativa á paga adicional, presentamos moitas reclamación previas en espera de presentar a demanda contenciosa respectiva, pero a delegación provincial de pontevedra informounos que a xente que tivera sentencia, non recuperaba o 100% de todos os conceptos (paga extra e adicional), como así acadarían os que o cobraban de oficio, e tendo en conta que as eleccións ían acelerar o pago de oficio, pois decidimos esperar para que ninguén perdera xa máis do que nos roubaron.
Nestre intre onde cobramos só o 50% do adebedado, a axencia tributaria informou ás delegacións que cando se faga o último pago da extra, ninguén poderá sufrir discriminación, todos, todos, teñan sentencias con diferentes importes etc, imos cobrar igual, que é o xusto e lexítimo.
E así as cousas a todos aqueles que presentaron con nós a reclamación previa faremos a correspondente demanda(poñerémonos en contacto con vós), xa que aínda que nos diferentes xulgados nos den cantidades diferentes, no ultimo pago que faga a administración, todos cobraremos igual, así pagarannos algún interés, xa sexa dende decembro 2012 ou subsidiariamente dende a reclamación previa (abril e maio 2015) e empuxaremos á administración da Xunta a que devolvan canto antes o que nos roubaron.
Galicia, 13 de xaneiro de 2016 Etiquetas: Alternativas