Detectados problemas nas nóminas

31 de maio de 2016


Parece ser que a Xunta de Galicia non lle chega con:

- Reducir o CAT (complemento Autonómico Transitorio) dende o ano 2013

- Con converter, dende o 2015, aos funcionarios Galegos nos únicos que temos descontos.

- Roubarnos aos Xestores 1.270€/ano, aos Tramitadores 970€/ano e aos Auxiliares 870.

- Suprimir de maneira ilegal a paga extra do 2012


Que agora nas nóminas destes últimos meses levaron a cabo retencións de cantidades “que segundo manifestan” non se fixeran con anterioridade sobre conceptos como prolongacións de xornada, gardas e algún outro que nin sequera teñen claro eles neste momentos.


Ante esta situación de caos nas nóminas, sobre todo nas de abril e maio, aconsellamos que ante a menor dubida enviedes, por unha parte para que quede constancia a efectos de calquera recurso, e outra para que cada Delegación conteste e solucione os erros nas nóminas os seguintes correos


Habilitación de A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.es

Habilitación de Lugo: nominas.xustiza.lugo@xunta.es

Habilitación de Ourense: nominas.presidencia.ourense@xunta.es

Habilitación de Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es


Ou que se dirixa a calquera dos Delegados da Alternativas na Xustiza-CUT.