A Unidade de acción de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT) e o Xuíz Decano para “lograr a creación dun corredor no soto do novo edificio xudicial de Ourense”, obrigou ao Xefe Territorial de Ourense a convocar, onte (15/06/16), unha reunión coa participación do Xuíz Decano, Secretaria Coordinadora, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT) e o resto de sindicatos para acordar posicións.
Preme na imaxe para ampliar |
A opción maioritaria foi a de trasladar ao Servizo de Procuradores á Sala Exterior e recolocar no seu lugar ao Servizo de Atención ao Cidadán , facendo un corredor que comunique a parte privada e pública do edificio.
De todo o acordado na reunión darase traslado á Dirección Xeral a fin de que adopte unha solución ao problema exposto.
Etiquetas: Edificios xudiciais , Ourense