Interinos, Ourense. Convocatoria Comisión Control e Seguimento

3 de xuño de 2016

Trala carta dirixida por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT), que axúntamos máis abaixo, esixindo a convocatoria urxente da Comisión de Control e Seguimento en cumprimento da normativa que regula o chamamento e nomeamento dos funcionarios interinos en Galicia ao Xefe Territorial de Xustiza de Galicia, como máximo responsable na provincia, foi contestada coa convocatoria de dita Comisión:

“Convócoo/a á comisión de control e seguimento, regulado no artigo 5.2 da Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Dia: Mércores, 8 de xuño de 2016 Hora: 12.00 h. Lugar: Sala de xuntas. Avda. Habana 79, 1º andar.

ORDE DO DIA: 

1. Análise e estudio do escrito de alegacións do expediente de exclusión de * * * * * (Tramitación Xudicial)

2. Rolda de intervencións .

Ourense, 3 de xuño de 2016. O xefe do servizo de Xustiza e Administración Local”

Dende AXG-CUT presionaremos para que estas reunións se fagan unha vez o mes tal e como se recolle na normativa vixente.