Unha situación similar, por sorte sen mortes, ocorre como consecuencia da modificación da Lei de Axuizamento Criminal, a chamada lei de punto final, "improvisada" polo Goberno, que limita o tempo das instrucións dos procedementos a 6 meses e a 18 meses as causas que se declaren complexas.
A ausencia dos fiscais sustitutos, do apoio informático prometidos polo actual Ministro de Xustiza en funcions e a falta de belixerencia por parte dos fiscais contra a falta de medios, seguramente basado no mal entendido principio de xerarquizacion, afecta de maneira directa sobre os "cidadans inocentes".
Ante a falta de medios os fiscais, co beneplácito do Ministerio, converteron aos Letrados e aos funcionarios dos Xulgados de Instrucion e dos Xulgados Mixtos en funcionarios das fiscalias.
Os letrados, por orde dos Secretarios Coordinadores, e os funcionarios teñen que valeirar armarios completos para realizar listaxes coas causas pendentes de revisar a 6 días da finalización do prazo marcado na Lei.
O despropósito alcanza niveis lamentables. Os funcionarios de auxilio das vilas "custodian" en coches oficiais, pilas de procedementos pendentes de estudo ás sedes das fiscalías.
Os propios fiscais no Periódico La Opinión do día 1-06-2016 “que non teñen estimación de cantas causas faltan por revisar a día de hoxe en Galicia”, “desde logo non vai a ser una revisión rigurosa. Vamos a intentar os prazos desta lei mal concebida, mal plantexada e mal interpretada”, “hai moitas causas das que non coñece a sua existencia porque non están rexistradas nas aplicacións informáticas”.
Incluso chegan a recoller no mesmo periódico en relación ao Ministerio de Xustiza “non puido facelo peor foi unha xestión nefasta e lamentable".
Por desgraza,estas escenas dignas do millor Berlanga son unha constancia con este Goberno recortador de dereitos
Galicia, 2 de xuño de 2016
Asdo. Pablo Valeiras Rios
Portavoz de AXG-CUT
Etiquetas: Alternativas , Fiscais