Tramitación das substitucións

28 de xuño de 2016

Achegamos información sobre a tramitación das substitucións entre titulares que se publicará na intranet xudicial.


As solicitudes serán cumprimentadas de acordo co anexo II bis dispoñible no apartado adicado ás substitucións entre titulares da intranet xudicial. Neste novo anexo habilítase a posibilidade de solicitar máis dunha das prazas que se oferten, e a orde na que se soliciten, será a que se teña en conta como orde de preferencia para o caso de corresponderlle á persoa máis dunha das prazas. (Xúntase o anexo)


A remisión das solicitudes feitas polo persoal solicitante remitirase a través dalgunha das seguintes canles:


  • Fax: 981546222


A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou do correo electrónico enviado, e non será preciso achegar documentación acreditativa algunha xunto coa petición, xa que de ser precisa será requerida pola Dirección Xeral.


Logo da revisión das peticións recibidas na Dirección Xeral, publicarase na intranet xudicial unha resolución na que se indicarán os nomes das persoas adxudicatarias e a data de efectos das súas substitucións.


Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.


Anexo II bis - Descargar