Ultimátum ao Director Xeral para acabar coa discriminación sanitaria dos funcionarios da xustiza galega fronte aos do territorio ministerio

28 de xuño de 2016


Ultimátum ao Director Xeral para acabar coa discriminación sanitaria dos funcionarios da xustiza galega fronte aos do territorio ministerio

Os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CIS-F, STAJ, CIG ante o “desprezo” demostrado polo Director Xeral de Xustiza, presentámonos sen aviso no despacho do Director Xeral de Xustiza o pasado día 23 de Xuño para esixirlle;

A) A equiparación directa da normativa sobre descontos por Incapacidade entre os funcionarios de Xustiza de Galicia e os do Ministerios Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais.

  • Non é asumible, entre outra cousas, que os funcionarios de xustiza de Galicia suframos descontos do 50% do soldo por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995: Gripe, Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela... e así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.
  • Non é asumible que teñamos descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica e polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.

B) Negociación normativa de Substitucións que recoñeza o dereito dos traballadores a cobrar o 100% do Soldo. “A igual traballo, igual retribución”.

  • Denunciamos as decisións “caprichosas” da Subdirección Xeral de Xustiza con respecto ás Substitucións (publicando substitucións con lle da a gana, ou facendo interpretacións da normativa “a gusto”)
C) Negociación das formulas de devolución aos funcionarios de Xustiza das cantidades pendentes de abono por parte da Xunta de Galicia e confirmación de que os funcionarios de Xustiza non teremos descontos no CAT do ano 2017.

O Director Xeral aceptou convocar unha Mesa de Negociación para o mes de xullo para tratar todos estes temas. Os Sindicatos xa adiantamos que non aceptaremos negociar a normativa de Incapacidade Temporal (I.T). Queremos unha normativa idéntica a dos funcionarios de Territorio Ministerio, Aragón, Navarra, Xuices e Fiscais.

Tamén adiantamos ao Director Xeral que a non equiparación dos funcionarios galegos aos funcionarios de Territorio Ministerio provocaría medidas a partir do mes de setembro.

Galicia, 23 de xuño de 2016