Publicada con data 22 de xullo de 2016 a listaxe coas adxudicacións da ultima publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. 
Poden consultar a información no documento 
adxudicación de postos  (só accesible dende o posto de traballo). 
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento 
Substitucións  
 
Adxudicación substitucións entre titulares_Publicación 18, 19 e 20 xullo 2016  
 
Producida  a  desocupación  de  diversos  postos  susceptibles  de  cobertura  mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non  sendo  posible  a  súa  cobertura  por  persoal  do  órgano,  pocedeuse  á  publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 18, 19 e 20 de xullo.  
 
Logo  da  revisión  das  peticións  recibidas  nesta  Dirección  Xeral,  acórdase  a  súa resolución coa data de  efectos indicada en favor dos/as adxudicatarios/as segundo o anexo adxunto.  
 
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico  aos/ás  adxudicatarios/as,  sendo  comunicados  á  súa  vez  aos  superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento. 
 
O goce dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado  de  orixe,  queda  supeditado  á  súa  confirmación  polo/a  superior  funcional  da unidade de destino.  
 
Contra  a  presente  resolución,  que  esgota  a  vía  administrativa,  poderase  interpor recurso  de  reposición  ante  o  director  xeral  de  xustiza  no  prazo  dun  mes  (Arts.  116  e 117  da  Lei  30/1992,  de  26  de  novembro,  de  réxime  xurídico  e  procedemento administrativo  común)  ou  recurso  contencioso-administrativo  ante  o  órgano  xudicial competente  no  prazo  de  dous  meses  (Art.14  da  Lei  29/1998,  de  13  de  xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.  
 
ANEXO   
 
Órgano xudicial da desocupación:  
 
Audiencia Provincial – Sección 2ª A Coruña  
 
Motivo da desocupación:   
 
Vacante   
 
Corpo:   
 
CXPA   
 
Adxudicatario/a:   
 
... 
 
Localidade de destino do/a adxudicatario/a:   
 
A Coruña   
 
Corpo:   
 
CTPA   
 
Data de inicio da substitución:   
 
01.08.2016   
 
 
 
Etiquetas:  
Substitucións