Plante das Organizacións Sindicais ao Director Xeral na Mesa Sectorial de Xustiza, por permitir a discriminación sanitaria dos funcionarios da xustiza galega fronte aos do territorio ministerio

18 de xullo de 2016



Plante das Organizacións Sindicais ao Director Xeral na Mesa Sectorial de Xustiza, por permitir a discriminación sanitaria dos funcionarios da xustiza galega fronte aos do territorio ministerio

Na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia que tivemos en Santiago de Compostela o día 14 de xullo, as organizacións sindicais SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F, STAJ e CIG levantámonos da mesa ANTE A FALTA DE SOLUCIÓNS ÁS REIVINDICACIÓNS que os traballadores da administración de xustiza en Galicia lle temos plantexado e que basicamente son as seguintes:

1. Equiparación directa da normativa sobre descontos por Incapacidade entre os funcionarios de Xustiza de Galicia e os do Ministerios Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais.

2. Negociación normativa de Substitucións que recoñeza o dereito dos traballadores a cobrar o 100% do Soldo.

3. Negociación das fórmulas de devolución aos funcionarios de Xustiza das cantidades pendentes de aboamento por parte da Xunta de Galicia.

Os Sindicatos presentes na mesa sectorial de común acordo decidimos darlle de prazo á Dirección Xeral de Xustiza ata a primeira semana de setembro, para establecer de forma definitiva a equiparación da normativa sobre descontos por incapacidade.

Facéndolle saber que a devandita equiparación e condición indispensable para acceder a negociar calquera outra cuestión. E reiterándolle que a non equiparación dos funcionarios galegos aos funcionarios de Territorio Ministerio provocaría medidas de presión a partir do mes de setembro.

Galicia, 18 de xullo de 2016