
Na visita ao centro de saúde, que quedará baleiro en tres meses aproximadamente, a maiores de AXG-CUT estaban o Alcalde da cidade, o presidente do TSXG, a Xuíz Decana dos Xulgados e o propio Alfonso Rueda, que sí contaban coa invitación preceptiva.
Durante a visita dende AXG-CUT solicitamos diante dos medios de comunicación e de todos os presentes, que mentres non entre en funcionamento a nova sede xudicial se busque unha ubicación «digna» aos traballadores do xulgado nº 3 de Tui. A nosa petición foi apoiada pola Xuíza Decana.
O Conselleiro contestou que para a Xunta é prioritario pechar a construción do novo edificio e que logo, en función dos prazos de execución, estudaría un cambio de ubicación como solicita AXG-CUT.
Da visita sacamos algúns datos interesantes:
- A Xunta aposta polo centro de saúde coma sede xudicial, descartando a sede de Can-Fran.
- O edificio ten 3 andares (soto 450 metros cadrados aprox., e o segundo e terceiro con 750 metros cadrados aprox. cada un)
- No terreo colindante habería posibilidade de habilitar prazas de garaxe.
- Segundo os técnicos as obras comezarían, previos trámites de cesión dos terreos pola Tesorería da Seguridade Social, adxudicación da obra, proxecto, etc, en setembro do 2017.
- O prazo para a execución das obras será de 17 meses a computar a partires do comezo das obras (de primeiras o mes de setembro do 2017).
Para AXG-CUT este primeiro paso da Xunta de Galicia é moi importante e resultado das medidas de presión dos traballadores de Tui e AXG-CUT durante meses.
Sen embargo dende AXG-CUT continuaremos esixindo unha nova sede “digna” para o xulgado nº 3 que cumpra coa legalidade (recordade que a situación do xulgado nº 3 está denunciada na Inspección de Traballo por AXG-CUT)
Etiquetas: Alternativas , Edificios xudiciais , Tui