Informamos do acontecido nela e solicitamos aos compañeir@s que nos comuniquen todas as incidencias que poida haber nos seus centros de traballo para poder poñelas en coñecemento da Administración na seguinte reunión.
Resumo da reunión do Comité de Seguridade e Saúde
24 de febreiro de 2017
Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde celebrada onte (23.2.2017) en Santiago tratáronse, entre outros, os seguintes puntos:
• Con referencia ao cambio de ubicación dos Xulgados de Tui, a obra xa está licitada e estará rematada para finais do 2018.
• No edificio anexo da Audiencia Provincial de A Coruña adoptaránse medidas de seguridade (colocación de arco de seguridade e scaner).
• Na Audiencia de Pontevedra hai problemas coa calor que hai nos xulgados que están no baixo cuberta. Polo programa de eficiencia energética financiado polo plan FEDER destinarán 15.000 euros para esa obra.
Actuacións efectuadas derivadas da Inspección de traballo:
• En Corcubión: había problemas pola vibración da caldeira. Colocáronse amortiguadores e limpáronse os conductos do aire acondicionado e os teitos. Colocouse raticida e puxeron radiadores por falta de calefacción. Hai filtracións de auga. Existe compromiso por parte do Concello de sanear as cañerías e os conductos de auga das vivendas e as tomas de auga tamén, pois a última foi na entrada a unha vivenda.
• En Ribadeo, o concello informara da súa vontade de cambiar a ubicación das instalación do xulgado de paz.
• No xulgado de paz de Cerceda non hai baño directamente. Problema de accesibilidade. A obra aínda está por realizar. A idea é adaptar un baixo do edificio municipal a tal fin (un baixo do Concello) e abrir entón unha porta de acceso.
• Nos xulgados do Penal de Santiago, as fiestras teñen entrada de auga. Está previsto ir cambiando as fiestras, e está previsto empezar esta semana, pero teñen que facer a obra cando non hai xente nos xulgados.
Plans de emerxencia:
• Na Coruña, nos catro edificios xudiciais (TSX, TABACOS, AUDIENCIA E XULGADOS) hai plan de implantación de medidas de emerxencias.
• Realizaranse a petición dos centros de traballo.
As reunións deste Comité prevense periódicas (cada tres meses) sendo ésta a primeira.
Informamos do acontecido nela e solicitamos aos compañeir@s que nos comuniquen todas as incidencias que poida haber nos seus centros de traballo para poder poñelas en coñecemento da Administración na seguinte reunión.
Etiquetas:
Comité de Seguridade e Saúde
Informamos do acontecido nela e solicitamos aos compañeir@s que nos comuniquen todas as incidencias que poida haber nos seus centros de traballo para poder poñelas en coñecemento da Administración na seguinte reunión.
Imprimir / Compartir