Solicitamos convocatoria de mesa sectorial, para mellorar as condicións dos traballadores do SCNE de Pontevedra

14 de febreiro de 2017

A Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 01 de xullo, do poder xudicial, establece no seu artigo 500, punto 4º, que a distribución da xornada e a fixación dos horarios se determinarán a través do calendario laboral que, con carácter anual, aprobará o órgano competente do Ministerio de Xustiza e das comunidades autónomas con competencias asumidas, nos seus respectivos ámbitos, logo do informe favorable do Consello Xeral de Poder Xudicial e da negociación coas organización sindicais.


Dende que comenzou a crese económica, aumentaron as solicitudes de dilixencias por parte dos Xulgados, sobre todo por parte dos Xulgados de Primera Instancia, fora de horario laboral, e aínda que neste momento non se realizan por parte do Servizo de Notificacións e Embargos, e non existe regulación en base a prever actuacións futuras, e polo que:

SOLICITAMOS CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL para negociar unha resolución onde se estableza:

· Ámbito de aplicación.
· Número de funcionarios integrantes dunha quenda voluntaria e incentivada para poder realizar aquelas actuacións xudiciais fora do horario laboral.
· Establecemento de diferentes tramos horarios, segundo sexa horario diúrno, nocturno, sábados, domingos ou festivos.
· Compensación horaria dependendo de cada tramo.
· Compensación económica en función do tramo horario traballado.
· Procedemento para optar a ser integrante da quenda.
· Xustificación do traballo realizado.
· etc…

En Pontevedra a 14 de febreiro de 2017.


Josefa Iglesias de la Campa
Delegada Sindical AXG-CUT