Non á privatización do rexistro civil, nin á amortización de prazas

13 de marzo de 2017

AMORTIZACIÓNS PRAZAS NOS REXISTROS CIVÍS E XULGADOS DE PAZ 

Ante o novo texto da Lei 20/2011 do Rexistro Civil e ante as posibles repercusións sobre os traballadores e os cidadáns AXG-CUT comezará unha rolda con todos os partidos políticos que teñen representación no Parlamento Galego (P.P- En Marea- Psoe- BNG) 

O próximo día 14 comezaremos con En Marea e co Psoe.


Na rolda cos distintos partidos trasladaremos as nosas reivindicacións e as dúbidas que provoca o novo texto presentado polo Ministerio de Xustiza e que da un gran protagonismo a Xunta de Galicia:

- Non se garante que exista unha Oficina de Rexistro por Partido Xudicial

No texto presentado só se garante unha Oficina Xeral do Rexistro Civil .

Calquera outra creación queda ao capricho da Xunta de Galicia por razón da singular distribución da poboación, características do territorio ou cada 500.000 habitantes.

- Á Xunta de Galicia corresponderalle o Deseño das Oficinas de Rexistro Civil.

A modificación proposta da Lei 20/2011 permite á Xunta de Galicia “o deseño,creación e organización das oficinas xerais de Rexistro Civil”.

- Os Xulgados de Paz deixarían de ser Oficina Delegadas.

Se ben nun primeiro momento a estrutura actual non se modificaría, coa entrada en vigor do “Folio único” os Xulgados de Paz deixarían de ser Oficinas Delegadas do Rexistro Civil.

- Afastamento e encarecemento da Xustiza para os cidadáns.

Coa eliminación de oficinas de rexistro civís e ó deixar os xulgados de paz de ser oficinas       delegadas os cidadáns terán que “desprazarse”, co conseguinte custe económico para realizar: fe de vida, expedentes de matrimonios civís, xuras de nacionalidade, cambios de nomes, recoñecementos de filiación, etc; para os que se require a súa presenza.

Os Xulgados de Paz fan unha labor encomiable cara os cidadáns, sobre todo no que se refire ao Rexistro Civil, tendo en conta o lamentable funcionamento dos medios de transporte que une as pequenas vilas coas grandes cidades, ou o retraso na implantación de internet nesta comunidade, e as limitacións dunha poboación absolutamente envellecida.

- No texto “nada se di” das competencias que saíron dos Rexistros Civís e das que poden saír ó deixar os Xuíces de ser os Encargados do Rexistro (Xurisdición Voluntaria).

É necesario que a competencia sobre a instrución dos expedentes de nacionalidade por residencia (sobre todo tendo en contra que a DXRN demostrou nestes dous anos a súa incapacidade para facelo, acumulando retrasos moi importantes) debe asumila outra vez os rexistros civís.

- Amortización de centos de prazas en Galicia.

Todo o exposto anteriormente provocaría de maneira directa a supresión de centos de prazas en xulgados de paz, xulgados mixtos e quen sabe se nalgunha das grandes cidades galegas.

De confirmarse as nosas sospeitas sobre amortizacións de prazas, abandono do Xulgados de Paz ou afastamento da Xustiza dos cidadáns, comezaremos unha campaña para lograr unha fronte común, con traballadores, cidadáns, alcaldes, sindicatos, partidos políticos, etc, como xa fixemos no ano 2014.

En Galicia, a 10 de marzo de 2017.