Acción social 2017. Convocatoria e prazo

5 de abril de 2017

"publicado no DOG"

No Diario Oficial de Galicia número 67, do 5 de abril de 2017, publícase a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.




Programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
1. Ámbito persoal e beneficiarios.
1.1. Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial. O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente Programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social. 1.2. Tamén poden solicitar a axuda aquelas persoas que prestasen servizos como funcionarias interinas da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 1.5.2016) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.1.3. Terán a condición de beneficiarios: a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %. No caso de que o beneficiario teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha. 1.4. No suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarias respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda. 1.5. A percepción das axudas deste fondo de acción social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración, organismo oficial ou empresa privada.
2. Prazo de presentación de solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 
3. Solicitude e formas de presentación. 3.1. Formulario electrónico de solicitude e identificación do solicitante. As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es, para o cal están habilitadas dúas modalidades de identificación: a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.
[...]