Modificacion das adxudicación de substitucións das últimas plazas ofertadas

5 de abril de 2017

"publicado na intranet xudicial"

Publicouse con data 5 de abril de 2017 a modificación da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.


Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento

MODIFICACIÓN da adxudicación de substitucións entre titulares_Publicación 28, 29 e 30 de marzo de 2017

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, procedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 28, 29 e 30 de marzo.

Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, e debido á renuncia á realización da substitución dunha das persoas adxudicatarias, acórdase nova resolución coa data de efectos indicada en favor das adxudicatarias segundo o anexo adxunto.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no acordo de substitución, e para a formalización desta incorporación, expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

O goce dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado de orixe, queda supeditado á súa confirmación polo/a superior funcional da unidade de destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (arts. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (Art.14 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
NOTA: De conformidade coa Lei 15/1999, 13 de decembro, omítense os datos de carácter persoal.