As continuas denuncias con gran repercusión nos medios de comunicación de Alternativas na Xustiza-CUT, sobre a pésima situación dos arquivos xudiciais galegos, forza á Xunta a adoptar medidas urxentes.
No DOGA de onte, 12 de xuño de 2017, publícase resolución do 29 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais seguindo criterios arquivísticos (3 lotes) en Vigo, Ourense e A Coruña.
Informes de AXG-CUT sobre os arquivos xudiciais
noticia FARO DE VIGO
Noticia FARO DE VIGO e LA VOZ DE GALICIA
ARQUIVOS DE VILAGARCIA
Enlace DOGA 12 xuño 2017