Unidades administrativas - Arquivos - Expurgo
Posta en marcha das unidades administrativas e oficinas de arquivo e depósito de pezas de convicción. Creación de equipos de expurgo. Informatización dos arquivos.
Seguiremos denunciando a situación de colapso dos arquivos xudiciais de Galicia e seguiremos reclamando a creación de equipos de expurgo, con dedicación exclusiva a esta tarea, para unha solución áxil, eficaz e definitiva aos problemas de falta de espazo nos locais destinados a arquivo. De inmediato, dada a situación de colapso dos arquivos e oficinas provocada pola acumulación de expedientes, o que pon en risco a saúde e seguridade dos traballadores, deberán trasladarse os expedientes máis antigos e as pezas de convicción a unha nave ou local habilitada para este fin.
Informes realizados por Alternativas sobre a situación dos arquivos xudiciais
Informe sobre os arquivos xudiciais de Lugo
Decembro 2014: Informe sobre os arquivos xudiciais de Ferrol
Máis información...