AXG-CUT esixe á DXX poña fin o agravio comparativo no control horario entre os funcionarios da Coruña

24 de outubro de 2017

"escrito remitido á Subdirección Xeral de Medios"

Establece a ORDE do 18 de xuño de 2014 sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2014, no seu artigo 4.4, que a parte flexible do horario distribuirase, á elección do empregado público, ata alcanzar o tempo de traballo mensual previsto no anexo desta orde e poderase cumprir, de luns a venres, entre as 7.30 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 18.30 horas.

Como vostede ben sabe, pois o falamos telefonicamente, no edificio da antiga audiencia provincial sito en rúa Juan Varela, procédese á apertura das portas ás 07.30 horas da sua mañá.


Con esta forma de proceder por parte da Dirección Xeral de Xustiza prívase aos traballadores (4 Xulgados do Contencioso-Administrativo, 2 do Mercantil, reforzo de Mercantil, reforzo cláusulas sólo, Instrución núm. 8, Imelga e os 2 Xulgados de Familia) de poder realizar o horario flexible dende as 07.30 horas, que teñen que esperar na rúa en lugar de poder acceder con normalidade ao seu posto de traballo. 

Se o anterior non fose suficiente estes traballadores están a sufrir dobre agravio comparativo.

Respecto dos compañeiros destinados nos outros edificios xudiciais (TSXG, edificio de Fábrica de Tabacos, da rúa Monforte e Anexo) a quen se se lle permite o paso dez ou quince minutos antes das 7.30 horas.

Tamén con respecto aos seus compañeiros destinados no mesmo edificio, é dicir, o da antiga audiencia provincial, a quen se lles adxudicou praza de aparcamento e poden acceder co mando destinado ao efecto.

Dende Alternativas na Xustiza-Cut, esiximos cumpra coa súa palabra e realice de maneira urxente as xestións estime pertinentes dende esa Subdirección Xeral de Medios da que vostede é responsable, permitindo por tanto a entrada aos funcionarios destinados no edificio da antiga audiencia provincial 10-15 minutos antes das 7.30 horas de luns a venres, DO CONTRARIO OS TRABALLADORES VERANSE NA OBRIGACIÓN DE ENVIAR DIARIAMENTE O PARTE DE INCIDENCIA PARA XUSTIFICAR O CUMPRIMENTO DO HORARIO.

A Coruña, 23 de outubro de 2017.

Javier Fernández Castro 
Responsable de acción sindical de Alternativas na Xustiza-Cut


Alternativas na Xustiza-Cut