Proposta ridícula da Dirección Xeral de Xustiza o 20.12.17

21 de decembro de 2017

O Consello Galego de Relacións Laborais, de oficio, á vista da repercusión social da paralización da Xustiza como consecuencia do éxito das dúas xornadas de folga convocadas, e da incapacidade negociadora da Dirección Xeral, tomou a iniciativa de convocar a esta e ao Comité de folga para intentar un achegamento entre as partes en conflito.

Por primeira vez, a Administración presentou, de maneira verbal, unha proposta, que vén sendo a seguinte:

 1. Sobre retribucións .Ofrece un aumento do CAT, con efectos do 01.01.2018 de: • Suba non lineal de 50€ para xestión, 35 € para tramitación e 28 € para auxilo. • Complemento para os Xulgados de Violencia de Xénero exclusivos (A Coruña e Vigo) que se devengaría no caso de acadar un número mínimo de dilixencias indeterminado: 60 € para xestión, 45 € para tramitación e 25 € para auxilio. Esta oferta é irrisoria e non valorable por parte das OOSS. A nosa petición é de actualización das contías reflictidas no acordo retributivo acadado no ano 2008, sen modificación das condicións do mesmo. Será a posteriori, cando se implante a NOX e se elaboren as RPTS e o CAT se transforme en específico, cando se poderán mudar esas condicións. A situación dos Xulgados de Violencia non forma parte dos cinco puntos da reivindicación por tratarse dun tema a abordar de xeito específico e non só no aspecto económico nin de xeito exclusivo para A Coruña e Vigo, como ofrece a DX.

2. Sobre incapacidades temporais. A DX recoñece a discriminación que sufrimos con respeto a outros corpos e territorios pero alega que excede das súas competencias porque é cuestión de Función Pública. Neste sentido a parte sindical deixou claro que a DX ten capacidade para elaborar un Decreto que regule as ITs equiparando a situación a maxistrad@s, fiscais, letrad@s, territorio Ministerio, Navarra, Aragón.... Pola súa banda a presidenta comprometeuse en buscar unha solución xurídica pra rematar coa discriminación Sanitaria.

3. Sobre amortizacións. A Administración comprometeuse, a petición sindical, a facilitar información completa e detallada das que se produciron dende 2012; a finalidade é saber as que poden ser revertidas e as que terán que ser compensadas coa creación de prazas novas. Ademais, a parte sindical solicitou a paralización inmediata de todas as amortizacións.

4. Sobre reforzos. Ante a postura da DX de consolidar só 36 prazas, as OOSS solicitamos un listado completo dos reforzos existentes, xunto coa súa antigüidade, para corroborar a existencia de máis prazas con máis de tres anos de antigüidade e que, polo tanto, deben ser creadas. A Administración comprometeuse a traelo na vindeira reunión.

5. Sobre substitucións. Ante o recoñecemento por parte da DX da discriminación xerada, alegando dificultades técnicas para solventalas, a Presidenta ofreceu a presenza en vindeiras reunións dun/ha experto/a administrativista que poida encauzar o tema achegando posibles vías de solución a esas dificultades técnicas alegadas pola Administración. A representación sindical estivo dacordo en acadar ese asesoramento. As sete organizacións sindicais en unidade consideramos positiva a intervención do Consello Galego de RRLL na reunión mantida, á que lle seguirá outra convocada para o vindeiro día 3 de xaneiro. Sen embargo, a proposta da DXX, a pesar de ser un paso adiante, é ridícula, pois entre outras cousas non permite recuperar o diñeiro confiscado pola Xunta durante 4 anos.

NON A DISCRIMINACIÓN LABORAL NA XUSTIZA GALEGA!!