Xunta e sindicatos retoman este luns as negociacións sobre a folga indefinida na xustiza

18 de marzo de 2018

"publicado en galicia confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, trasladou o pasado xoves ás organizacións a convocatoria deste encontro, que terá lugar ás 11,00 horas no complexo administrativo de San Caetano. 
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que á reunión volverán acudir por parte do Goberno galego a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia, Beatriz Cuíña; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro; e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín. Eles serán os encargados de negociar co comité de folga, no que están integrados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UGT, STAJ, CSIF, CIG, e CC.OO.