A votación non calmou as augas. O resultado da consulta entre os traballadores da Administración da Xustiza en Galicia o pasado venres rematou, por sorpresa, co rexeitamento da última proposta que a Xunta pactou con catro dos tres sindicatos con representación no comité de folga. Por apenas 90 votos, impúxose o non á oferta. CIG, Alternativas na Xustiza-CUT e STAJ acusaban de "traizón" a UGT, USO, CCOO e CSIF, que denunciaron "coaccións", "presións" e "falta de liberdade" do resto das centrais nunhas votacións que mesmo non consideran lexítimas. Tampouco o Goberno galego. O seu vicepresidente, Alfonso Rueda, xa insinuou que era bo repetilas e insistiu este luns en que "non foron en liberdade" e en medio de "ameazas". Agora, os tres sindicatos que rexeitaron a proposta da Xunta instan o Goberno a "sentar e negociar sen levantarse da mesa" e aseguran que, de ocorrer isto, estarían mesmo dispostos a "interromper" o paro indefinido "durante a negociación". Así o declararon en comparecencias de CIG, STAJ e CUT en diferentes cidades galegas.
Ligazón á noticia - Praza Pública