"publicado no DOG"
RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2019 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
Convocatoria periódica
Periodicamente, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza garántelle ao persoal traballador a vixilancia e control do estado da súa saúde mediante a publicación no DOG, ou calquera outro método que facilite a difusión, da convocatoria do anuncio dos recoñecementos médicos.
A solicitude faise de forma individualizada conforme estableza a convocatoria e, coa aplicación aquí dispoñible, xérase un xustificante de solicitude que debe presentarse debidamente cuberto e asinado ao persoal sanitario no momento da cita no centro médico que corresponda.
Para a campaña de 2019 o prazo de inscrición está aberto do 5 de febreiro ao 6 de marzo.
Etiquetas:
prevención riscos
,
recoñecemento médico anual