AXG-CUT consegue o desglose da puntuación do concurso específico da Fiscalía de A Coruña

16 de maio de 2019


O pasado día 7 de maio AXG-CUT solicitou por escrito á Dirección Xeral de Xustiza a publicación das baremacións cos conceptos recollidos na convocatoria cómo puntuables con fin de que as persoas interesadas puidesen facer as alegacións que estimaran oportunas.

Lograr que a Comisión de Valoración do concurso faga público o desglose das puntuación das fases 1ª e 2ª é moi importante por dous motivos:

1.- Impedir que se cometan ilegalidades e que se favorezca na valoración a unha persoa sobre o resto.

2.- De cara á Nova Oficina Xudicial (NOX), onde os postos singularizados e específicos estarán á orde do día, é vital lograr a publicación do desglose das puntuacións para evitar enchufismos, caciquismos, etc.

Onte publicouse na Intranet o Acordo da comisión de valoración no que se acorda por unanimidade: 

1.- Publicar o desglose da puntuación das Fases 1ª y 2ª do concurso específico (anexo II)

2.- A publicación deste acordo na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería.


3.- Dar un novo prazo de 10 días hábiles, seguintes ao da publicación mencionada, para que as persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración. 

Ligazón ao acordo (só accesible desde o posto de traballo)

Escrito presentado por AXG-CUT o 7 de maio de 2019: