Comisión de servizo nos órganos de nova creación

24 de xullo de 2019

"Publicado na intranet"

A Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (LOPX), regula no seu artigo 527.1º a provisión temporal de postos vacantes mediante a comisión de servizos entrementres non resulte posible a súa provisión definitiva mediante concurso de traslados.

Coa finalidade de dotar os cadros de persoal dos órganos xudiciais de nova creación, cuxa entrada en funcionamento está prevista para o 30 de setembro de 2019, procede anunciar a súa provisión temporal co obxecto de que o persoal funcionario interesado poida solicitar as oportunas comisións de servizos.

Daquela, en aplicación das competencias que corresponden a este órgano consonte o artigo 20.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2397/1996, sobre transferencia a esta comunidade de medios persoais para o servizo da Administración de xustiza, co artigo 525 da LOPX e mais co Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,


Vacantes nos órganos xudiciais de nova creación:

Xdo. de 1ª Instancia nº 14 A Coruña:
   -Corpo de xestión procesual e administrativa :Nº prazas 3
   -Corpo de tramitación procesual e administrativa: Nº prazas 4
   -Corpo de auxilio xudicial: Nº prazas 1

Xdo. do Social nº 4   Santiago de Compostela:
   -Corpo de xestión procesual e administrativa :Nº prazas 2
   -Corpo de tramitación procesual e administrativa: Nº prazas 4
   -Corpo de auxilio xudicial: Nº prazas 2

Xdo. do Social nº 6  Vigo:
   -Corpo de xestión procesual e administrativa :Nº prazas 2
   -Corpo de tramitación procesual e administrativa: Nº prazas 4
   -Corpo de auxilio xudicial: Nº prazas 2


Ligazón  (só disponible na intranet)

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet