José María Gómez, novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

25 de xullo de 2019

Ignacio Picatoste será o encargado de dirixir a Audiencia Provincial da Coruña


Publicado en La Opinión

cadenas_castroverde
Castroverde, á esquerda de Cadenas, nun acto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foto: Marcos Míguez - La Voz de Galicia

O Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CPGJ) nomeou onte a José María Gómez e Díaz-Castroverde presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e a Ignacio Picatoste, presidente da Audiencia Provincial da Coruña, informaron fontes do CGPJ nun comunicado

Gómez e Díaz-Castroverde substitúe no cargo do Alto Tribunal galego a Miguel Ángel Cadenas. O novo presidente do TSXG obtivo o apoio de 13 dos 21 membros do Pleno. A maxistrada María Teresa Conde-Pumpido Tourón logrou 7 votos. A vogal Clara Martínez de Careaga non participou na votación pola súa relación familiar con esta maxistrada. Os outros tres aspirantes non conseguiron ningún voto.

Ler máis en La Opinión



Ignacio Picatoste, novo presidente da Audiencia da Coruña


O Consello Xeral do Poder Xudicial elixiuno cunha ampla maioría. Recibiu o voto de 17 dos 21 vogais do Pleno

Publicado en La Voz de Galicia

ignacio_picatoste
Ignacio Picatoste. Foto: La Voz de Galicia

O Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial elixiu este mércores ao maxistrado Ignacio Picatoste Sueiras como novo presidente da Audiencia Provincial da Coruña. Picatoste, que era un dos catro aspirantes ao cargo, xa era maxistrado da Audiencia coruñesa desde o ano 2005.

Ignacio Picatoste recibiu o apoio de 17 dos 21 membros do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial reunido en Madrid. Pasara a primeira fase de selección xunto a María Zulema Gento Castro, que tivo catro votos.

Ler máis en La Voz de Galicia