O Poder Xudicial exclue a Vigo do penal especializado en malos tratos

29 de xullo de 2019

"publicado en prensa"

A cidade concentra a metade dos casos da provincia de violencia de xénero pero exclúena por non ser capital



O feito de que Vigo non sexa capital de provincia volve restarlle a posibilidade de obter unha dotación xudicial. Neste caso, trátase de especializar un xulgado do penal en materia de violencia sobre a muller como o que xa goza Pontevedra desde hai varios anos. O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) encargou ao seu servizo de inspección elaborar un informe para pescudar, en función da carga de traballo, cantos xulgados do penal de España deberían asumir a competencia en violencia sobre a muller en cada capital de provincia, así como en Móstoles, Alcalá de Henares e Xetafe.

En Pontevedra hai catro xulgados do penal na capital, dos que o cuarto está especializado en asuntos de violencia machista pero non exclúe outras materias. En cambio, dos tres penais de Vigo, ningún ten esa especialidade senón que se reparten os asuntos segundo chegan. E non parece que haxa solución porque o informe ignorará a Vigo por non ser capital. Paradoxalmente, un dos dous únicos xulgados de instrución especializados en violencia sobre a muller de Galicia está en Vigo, que celebra xuízos rápidos e deriva os demais litixios que investiga ao penal e á Audiencia de Pontevedra.

Ler máis en La Voz de Galicia