Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4

10 de setembro de 2019

"Publicado no DOG"




Obxecto

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4, no ano 2019, con código de procedemento administrativo PL500C. 3. 

Datas de realización das probas.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame. 


Prazo

 O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de 15 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte