A EGAP convoca un curso de permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade

5 de novembro de 2019

"publicado no DOG"

Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón ao DOG