Reiteración necesidade protocolo de acoso laboral

16 de decembro de 2019


Desde a constitución de Alternativas na Xustiza foron moitas as veces que solicitamos a negociación dun protocolo contra o acoso laboral e así cumprir a resolución 2011/2339 do Parlamento Europeo.

A última petición foi o pasado mes de setembro, pasados case tres meses a Dirección Xeral que vostede encabeza non fixo nin o máis mínimo xesto que faga presaxiar unha convocatoria cos Sindicatos para negociar.


preme para ampliar

preme para ampliar