EGAP: convocatoria de cursos de ofimática

21 de febreiro de 2020

"publicado no DOG"

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Requisitos dos participantes: 

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG), que se encontran en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.


Solicitudes: 
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. 
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.