EGAP: convocatoria de cursos de idiomas e lingua de signos

20 de febreiro de 2020

"publicado no DOG"

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Destinatarios:
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo cuidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Prazo solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 28 de febreiro de 2020

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Ligazón ao DOG