ÚLTIMA HORA: COVID 19 - COMUNICADO DA DXX -20.3.2020-

20 de marzo de 2020

"comunidado da DXX"

Por orde do Director Xeral de Xustiza, vaise publicar na Intranet de Xustiza e na páxina web de Vipresidencia e Consellería de Presidencia AAPP e Xustiza, a seguinte nota informativa:

NOTA INFORMATIVA SOBRE PLAZO POSESORIO
A programación dos ceses e dos prazos posesorios do concurso xeral de Xestión, Tramitación e Auxilio (adxudicación de destinos publicada no BOE do 18 de febreiro de 2020) viuse afectada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na súa disposición adicional terceira sinalase:

1. Suspéndense términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.
O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

2. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a sua conformidade con que non se suspenda o prazo.
Dende AXG-CUT consideramos que, en efecto, interrómpense os prazos mencionados no concurso xeral. 
Pero iso non impide que se algún funcionario quixera tomar posesión antes de que finalizara o prazo inicialmente establecido poida facelo.
Neste caso o funcionario deberá dirixir unha comunicación a súa Xefatura Territorial de destino coa documentación necesaria segundo a instrución publicada en data 11/02/2020 na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería por mor do concurso de traslados.


Xefaturas territoriais:

A Coruña:


servizo.xustiza.coruna@xunta.gal

Lugo:

personal.presidencia.lugo@xunta.gal


Ourense:

sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal


Pontevedra:

servizoxustiza.vi@xunta.gal