EGAP: curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública

20 de xullo de 2020

"publicado no DOG"

O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da comunidade autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
 1. Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
 2. Grupos I e II do persoal laboral.

Desenvolvemento: 

Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Datas: 9, 10 e 11 de setembro de 2020. 
Horario: de mañá e tarde os días 9 e 10; só de mañá o día 11.
O curso terá unha duración de 20 horas lectivas.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2020.

Ligazón ao DOG