EGAP: e-martes (xornada de formación de práctica dixital)

12 de agosto de 2020

"publicado no DOG"

Publicouse hoxe no DOG RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a VII Xornada de formación práctica dixital (E-martes).
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: 1 de setembro.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas:
Persoal empregado público: 16.
Cidadanía: 13.