Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

12 de agosto de 2020

"publicado no DOG"

Vense de publicar no día de hoxe; RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos, con carácter gratuito, impartiranse entre outubro de 2020 e maio de 2021, en horario de mañá ou de tarde.

Solicitudes e prazos de inscrición:
-formulario de inscrición telemática.
-o prazo de presentación abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2020, para primeiro cuadrimestre; e desde o 5 ata o 15 de xaneiro de 2021 , para os cursos do segundo cuadrimestre.

Asignación de prazas:
.os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 25.
Se un curso ten un munero de solictantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por SORTEO.

Ligazón o DOG