CURSOS PREVENCION RISCOS LABORAIS, persoal xulgados provincia de Pontevedra

11 de novembro de 2020


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG;
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra.

De conformidade co artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e en cumprimento do deber de protección en materia de riscos laborais, «o empresario deberá garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva».

Carácter: obrigatorio
Solicitudes: dende o dia seguinte a publicación ata o 18 de novembro mediante formulario de matrícula telemática.
Probas: online nas datas que se establezan.