EGAP; Actividades formativas, Plan formativo ofimático

25 de xaneiro de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O Plan formativo ofimático para o ano 2021 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

As Actividades figuran no Anexo I.
Os destinatarios son personal ao servizo da Admón Publica da Comunidade Autónoma, entidades púbblicas e da Administración Institucional de Galicia, Administración de Xustiza...
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 
 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo  https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
 
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.