EGAP: Plan de Formación para o ano 2021

11 de xaneiro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN de 23 de decembro de 2020 pola que se publica 0 Plan de formación para o ano 2021

.A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Au- tónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.


 O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).


 En tal sentido, os plans formativos para os empregados públicos deseñados pola EGAP obedecen ao convencemento de que a consolidación dunha Administración de calidade, eficaz e eficiente pasa inevitablemente por contar cun persoal ben formado. En consecuen- cia, desde o ano 2015 os plans de formación da EGAP diríxense a todos os colectivos de empregados públicos, tras unha incorporación gradual que culminou coa adhesión do per- soal de administración e servizos das universidades galegas como destinatario da dita do- cencia. Así, o plan quere ser un instrumento que permita a actualización de coñecementos e competencias profesionais e que incorpore aquelas novidades lexislativas e de funciona- mento das administracións e, a tal efecto, integra as accións estratéxicas para a formación e a actualización profesional do persoal ao servizo do dito sector público, a través dunha oferta coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional.

 

Ligazón ao Dog