"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado por resolución do 28 de xullo de 2020.
Advertidos erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 10785, no punto noveno, onde di:
«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados en que non se atope aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para solucionar o caso concreto en que se atope a persoa afectada.
Para o efecto, comunicarán a referida circunstancia á xerencia territorial ou ao órgano competente da comunidade autónoma correspondente, achegando a documentación acreditativa da imposibilidade de asistir a tomar posesión no destino adxudicado. Unha vez que finalice a causa da dita imposibilidade, deberán comunicalo tamén á xerencia ou comunidade autónoma, e cesará o día seguinte ao da devandita notificación, contando entón os prazos posesorios establecidos nos puntos sexto e sétimo».
Debe dicir:
«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na nova localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados amplíaselles o devandito período.
Para iso, unha vez que finalice o prazo de toma de posesión establecido nos puntos sexto e sétimo, se continúan sen atopar aloxamento deberán comunicalo á xerencia ou comunidade autónoma e achegar a documentación xustificativa suficiente, e prorrogaráselles o prazo durante os tres días hábiles seguintes, debendo tomar posesión o cuarto día hábil no seu órgano de destino».
Etiquetas: Concurso de traslados , corrección de erros , DOG