EGAP: Convocados cursos de riscos laborais

16 de febreiro de 2021

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 26 de febreiro de 2021.